ABRAHAM CUPEIRO

Construtor e multiinstrumentista, o que caracteriza a Abraham Cupeiro é la recuperación de instrumentos perdidos no tempo, e utilizalos para crear novas sonoridades e imbricalos en músicas alleas a eles.

Estudou trompeta no RCSMM, e logo realizou un máster en Interpretación da Música Antigua na Universidade Autónoma de Barcelona.

Sen embargo, ainda que a súa formación é clásica, sempre sentiu atracción por todo tipo de músicas. Así, dende temprana idade formou parte de grupos de folk, jazz, música antiga…

Como instrumentista, destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnix (trompeta celta da Idade de Ferro). Recentemente foi invitado para probar o Karnix de Tintignac, que é o único que apareceu entero (año 2004).

É ademáis impulsor dun instrumento ancestral na tradición galega: a corna. Instrumento que na segunda mitade do século XX xa estaba extinguido. A corna que toca Abraham Cupeiro, foi atopada por Carlos Tallón na inmensidade do bosque.

A súa interese pola organoloxía, levoulle a conqueruir unha colección  de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de distintas épocas. É unha colección que ensina a modo de concerto- monólogo baixo o nome de Resoando no Pasado.

Abraham recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles  dende a súa música ata música de hoxe día, e os mistura con formacións modernas.

Estas misturas pódense ver no seu traballo Compromiscuo co acordeonista Bielorruso Vadzim Yukhnevich  , así como en obras escritas ex profeso para el como o Concierto Misterio de Wladimir Rosinsky xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia.

A súa discografía comeza co ‘Os Sons Esquecidos’ (Warner Classics, 2017), disco gravado coa Real Filharmonía de Galicia e presentado con diferentes orquestas de España, Europa e América. Posteriormente, publica ‘Pangea’ (Warner Classics, 2020) coa Royal Philharmonic
Orchestra, unha colaboración que repetíu para a gravación do seu último álbum ‘Mythos’ (Loira Records, 2024).

Cupeiro comparte esceario con grandes orquestras nacionais e internacionais (Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Mahler Chamber Orchestra, Filarmónica de Gran Canaria, Orquesta Sinfónica de Bilbao, Orchestre National de Bretagne, Kymi Sinfonietta,
Vaasa City Orchestra…

Foi requerido pola violinista Patricia Kopatchinskaja para o proxecto ‘Les Adieux’.

Compuso a banda sonora da película ‘María Solinha’ e colabora coa compañía 14th Street Music’ do oscarizado Hans Zimmer. Asimesmo, traballa con frecuencia nos desfiles de Adolfo Domínguez realizand ‘performances’ en directo. Tamén forma parte do proxecto de divulgación científica ‘Neuston 3’, que trata de sensibilizar á poboación da
importancia do Océano nas nosas vidas

Scroll ao inicio
Scroll to Top