OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS DE VENTO
O obradoiro é a antesala dos restantes proxectos. É o sitio no que se experimenta na recreación de instrumentos do pasado e incluso xenéranse novos instrumentos.
Dende que en 2006 Abraham construíu unha trompeta barroca con técnicas do século XVIII, non parou xunto con María Ruiz de buscar novos retos visualizando un pasado en forma de instrumentos musicais.
Trala trompeta barroca, veu o karnix. Este instrumento fíxose baseándose nunha moeda romana. O resultado foi un instrumento que sorprende polas capacidades melódicas e sonoridade.
Diferentes son os motivos para construir instrumentos pretéritos:
Concertos con agrupacións historicistas.
Encargos doutros músicos. Como ocurrió coas trompetas que flanquean o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago. Carlos Núñez encargou a súa reconstrución.
Bandas sonoras, como a que lle foi encargada para o aniversario da Muralla de Lugo como patrimonio da humanidade. Para esta obra, Abraham reconstruiu un cornu, instrumento que foi achado nas ruinas de Pompeia.
No camiño de facer todos os instrumentos, xurden novos, e novas ideas. Por iso, o obradoiro, é o proxecto máis cuidado por Abraham Cupeiro.
Tamén colabora con outros construtores como Antonio Franco e Lis Latas.