PANGEA

En 1910 o metereólogo alemán Alfred Wegener, percatouse ao examinar un atlas que as siluetas dos continentes parecían casar unhas coas outras; foi a partir desta observación cando comenzou a recabar datos que logo  plasmou no seu libro ”A Orixe dos continentes e dos océanos”

Nel , sostía que hai uns 300 millones de anos o mundo estaba formado por un só continente, Pangea, que en grego significa toda a terra.

Para a bioloxía esta teoría explicaba o parentesco entre especies de continentes separados por océanos. Para a xeoloxía xustificaba a presencia de formatos xeolóxicos similares en continentes distintos.

A terra é o elemento onde os humanos habitamos, pero quizáis son os océanos os que marcan o clima, a veces a orografía, e tamén o carácter das súas xentes.

Con esta obra queremos unir de maneira metafórica a terra a través da música, pois é unha necesidade  vital que nos unamos para frear a destrución do noso planeta.

Un terceiro elemento é o que nos levará a unila de novo: o aire.

Sen este elemento o son dos instrumentos non podería navegar polo espacio para chegar aos nosos oídos.

A eles únense instrumentos máis humildes que os que hoxe coñecemos, pero que evocan culturas  e paisaxes ás cales vos queremos transportar .

Que soe a música dende o máis profundo da terra, dende o máis profundo ......dos océanos!!

Scroll to Top